30/04/13

A gran festa do libro: 23 de abril.

O pasado 23 de abril conmemoramos o día do Libro. Entre todas as actividades que fixemos ó redor desta data queremos destacar as seguintes:

Contacontos: Os alumnos de 5º e 6º de primaria contaron a historia “Un gato na árbore” dos autores Pablo Albo e Géraldine Alibeu (ed. OQO). A verdade é que están feitos uns contacontos profesionais. Foi unha forma moi graciosa de achegarnos o que aconteceu na árbore da rúa Maior. 


Entrega de premios do III certame literario.  
Houbo moitísimos traballos neste III Certame literario que este ano levaba o nome do noso PDI “as pegadas do pasado”.  Poesías e contos que xiran entorno á temática da prehistoria.  Foi un proceso selectivo moi difícil xa que houbo moitos merecedores do premio. Os gañadores derradeiros foron:
1º CICLO
1º Premio: Inés Jerez López.
2º Premio: Lara Rodríguez Peón.
3º Premio: India Castro López.
2º CICLO
1º Premio: Fabiana Cahua Guía.
2º Premio:Cristina Sanz Acuña.
3º Premio:Víctor Piñón Parada. 
3º CICLO
1º Premio: Celia Losada Moledo.
2º Premio: Laura Amay Fernández.
3º Premio:Kélvar Castro López.

Os nosos parabéns.



Xa por último, fixemos entrega de premios ós lectores máis asiduos á biblioteca ó longo deste ano. Os premiados foron:

1º ciclo: Sara Moledo Otero
2º ciclo: Úrsula Montoya Salazar.
3º ciclo: Paloma Blanco Valencia.



Despois deste día tan fermoso quedámonos  co coñecido proverbio hindú que di: “Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado, un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruído, un corazón que llora”. 

Vémonos na biblioteca. Un saúdo. Checho.


GALERIA DE IMAXES DO DÍA DO LIBRO 2013.

Cóntame un conto 2013 chega ao seu fin.

 "Cóntame un conto 2013" chega ao seu final. A semana dos libros foi un éxito rotundo. O pasado venres, Laura e Paloma leron "Tento e mailo mar" ós nenos e nenas de infantil. 
A verdade é que disfrutaron moitísimo coas aventuras deste personaxe tan coñecido.

Agradecemos a todos ós alumnos de primaria que prepararon esta actividade con tanto agarimo e entrega, coa que souberon achegar o mundo dos libros aos demais.

Dende o equipo de biblioteca queremos darvos as gracias a cada un de vós.


Cóntame un conto.

Cada día no noso cole, adicamos un tempo para ler, para compartir historias contadas ou para descubrir a maxia dos libros.

O xoves, Hugo e Rubén, alumnos de 4º de primaria leron “Óscar el tímido” ós alumnos e alumnas de educación infantil co motivo da actividade que estamos levando a cabo “cóntame un conto”. 



Transmitíronlles que os libros forman parte das súas vidas e os máis cativos disfrutaron moitísimo coa historia. 


Mostra disto son os debuxos que realizaron despois da súa lectura. PODES VELOS AQUÍ.


Soñando cos libros

O mércores Álvaro e Silvia deixaron abraiados ós cativos de infantil co conto “Lola es despistada”. Desafiaron a súa imaxinación sumerxíndoos no maravilloso mundo da lectura.

 

Por outra banda, os nenos e nenas de infantil quixeron agasallalos cuns debuxos que lles fixeron do conto. 


DEBUXOS DO CONTO LOLA ES DESPISTADA. 



23/04/13

Día internacional do libro 2013


Hoxe no cole conmemoramos o día internacional do libro. 
Tivemos moitísimas actividades. Queremos que nos deades uns días para organizar todo o acontecido e contarvos con todo detalle.

Dende a biblioteca do Checho do CEIP A Carballeira desexámosvos un día cheo de palabras con moito significado. 
 
Feliz día do libro!
Agárdote na biblioteca. Un saúdo, Checho. 


 

Polo día do libro...cóntame un conto!






Hoxe martes, tocoulle o turno a Raquel Vázquez e Fabiana Cahua alumnas de 4º de primaria que leron o conto “Rita”  da autora Rachel Chaundler ós nenos e nenas de infantil.


Agradecemos a sua tarefa e o entusiasmo co que lle fan descubrir unha fiestra á imaxinación.  

PODES VER AS FOTOS AQUÍ.

Os mais cativos quedaron con moi bo sabor de boca e fixeron uns debuxos preciosos do conto. PINCHA AQUÍ PARA VER OS DEBUXOS.

Cóntame un conto





Esta semana é moi especial. É a semana dos libros. 
Os maiores do cole fixeron equipos para mergullar na apaixoante aventura dos contos ós máis pequenos do noso colexio na “hora de ler”. 


O luns Adrián Quintela e Damián Vilas alumnos de 6º de primaria, foron ler “Así era mi abuelito” do autor Joan de Déu Prats 
Podes ver as fotos AQUÍ

Por outra banda, os nenos e nenas de infantil quedaron tan contentos co conto que fixeron uns debuxos para agasallarlle a súa tarefa. PINCHA AQUÍ PARA VELOS.  






19/04/13

Contos e fábulas

"Din que todas as persoas necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada día. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundo e outras vidas".  (Agustín Fernández Paz)

Hoxe queremos compartir unha web chea de contos e fábulas de autores tan coñecidos coma Dickens, Perrault, Andersen, Grimm o Wilde.

Disfrutádea e aprendede moito. PINCHA NA IMAXE. 

  
Vémonos na biblio. Un saúdo. O berberecho Checho.

16/04/13

Fina Casalderrey na nosa biblioteca!!!



O pasado venres, unha agarimosa raiola de luz inundou de sensibilidade a nosa biblioteca. Visitounos Fina Casalderrey!!!
  
Disfrutamos moito lendo os seus libros, pero escoitala foi unha experiencia para non esquecer. 

Comprendemos "o poder das palabras" e comprobamos con que facilidade as viste de fermosas cores para facernos tremer de emoción.

III certame literario

Non esquezades que este venres remata o prazo para participar no III certame literario.

Haberá dúas categorías (narrativa e poesía) e tres premios por cada ciclo e modalidade. Non o esquezas e participa!

Agárdote na biblioteca. Un saúdo, o berberecho Checho. 




09/04/13

Olimpiadas no recreo

Entre todas as actividades que estamos a realizar este curso, querémosvos comentar un chisco sobre as “Olimpiadas do recreo”.


Este é un programa de actividades educativas e de lecer que se desenvolveu no noso centro cos alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Primaria. Nel xúntanse o fomento da educación e cultura coa promoción do deporte e hábitos saudables.

Comezamos cun gran pasapalabra sobre datos de Pontevedra; seguimos cunhas probas de orientación no patio do colexio; continuamos  con actividades científicas e divertidas e para finalizar,  unha dietista ensinou aos nenos a importancia dunha dieta axeitada  e boas prácticas alimenticias.


 O vindeiro fin de semana haberá un encontro dos centros participantes dentro do Concello de Pontevedra, xa que este proxecto colabora o noso Concello e a Consellería de Educación.
               

Froitos da mochila viaxeira.


A acollida das mochilas viaxeiras nas nosas familias é boa. Agradecemos a vosa colaboración por facer da lectura un hábito diario.

Os alumnos e alumnas están moi contentos e ilusionados. Tan só hai que ver as marabillas que nos trouxeron os máis cativos do cole neste mes de abril.
PREME AQUÍ PARA VER OS TRABALLOS.
Agárdovos na biblioteca! Un saúdo. O berberecho Checho.


08/04/13

Aforrando enerxía.



Fran que é un neno de 2º de primaria que está convencido de que o aforro enerxético é unha asignatura pendente que temos, por iso converteuse nun inspector da enerxía durante os recreos.


Coa súa libreta en man vai por tódalas instalacións do noso cole comprobando que estamos levando a cabo diferentes medidas de aforro.


Hoxe imos facerlle unha pequena entrevista.

-         Bos días Fran

Bos días.

-       Por qué cres que é importante aforrar enerxía?

Porque penso que así haberá enerxía para todos os humanos do planeta. Podemos intentar aforrar.

-    Cal é a medida de aforro que estades levando a cabo no recreo?

Pois estou indo polo cole adiante, pola biblioteca, despachos, clases e ximnasio e vou mirando se as luces están acesas ou apagadas.

Se están acesas poño mal e se están apagadas poño ben. Vai conmigo sempre un axudante que é algún dos meus compañeiros. Eu prefiro que sexan nenas porque así poden ver os baños, non vou a entrar eu no baño das nenas. 


-      Cumpren as alternativas de aforro os teus compañeiros?

Non. Unha vez fun a clase de terceiro e os nenos non sabían o que estaba facendo.

Casi non me deixaban entrar e tiven que explicarlles que son un investigador da enerxía que soamente ía observar se estaban aforrando xa que estaban a punto de saír o recreo e deixaban todo aceso.


-         Queres darlle algún consello ós teus compañeiros sobre o aforro enerxético?

Si. Quero contarlles que é mellor a luz solar para os ollos e ademáis así non gastamos. Ademais que é moi importante utilizar as placas solares.

Cando acendemos a calefacción temos que pechar as ventas. Non temos que quentar o aire do patio senón as aulas. 


-      Recoméndanos algún libro para investigar sobre o tema?

Si. A min gústame moito o dos bolechas queren saber como aforrar enerxía e a enciclopedia que temos da enerxía na nosa biblioteca.


-         Na túa casa tamén levas a cabo isto?

Non. Porque imaxino que os meus pais xa saben aforrar. 


Moitas gracias Fran pola tua labor. Seguiremos poñéndonos as pilas e aplicando medidas de aforro para coidar o noso planeta.