11/06/13

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente



Con motivo do ano internacional da enerxía sostible, os alumnos do  1º ciclo prepararon un traballo de campo, durante todo o curso titulado “A enerxía escolar”.



Primeiro fixeron una exploración por todo o centro, ollando detidamente varios aspectos:

Aillamento de portas e ventás, vendo se había dobre porta e dobre ventá para evitar a fuga de calor. 

Logo visitaron todas as instalacións do colexio aulas, pasillos, biblioteca, ximnasio, baños, cuarto da caldeira,  … para ver como era o gasto de luz e de auga.


Atopáronse con que:

1º- Hai dobre porta de entrada e dobre cristal nas ventás.



2º-  O gasto de auga é mínimo, pois contamos con billas de pulsador que aforran auga.


3º- As únicas luces acesas permanentemente son as dos corredores. 


Aínda así o despilfarro de luz é considerable. Polo tanto, puxéronse máns á obra e ó longo do curso fixeron sistemáticamente unha inspección diaria sobre o estado das luces, auga e calefacción que o ían rexistrando nun caderno. 


Chegando ás seguintes conclusións:

-     - Que colocando outro sistema de encendido e apagado de luces (sensores de presencia) aforraríamos máis luz nos lugares comúns.

-    - A construcción de centros educativos mellor aillados con dobre ventá para non ter fugas de calor.


-   
    De todolos xeitos, o mellor é optar por outro tipo de enerxía que non destrúa o planeta, que non sexa contaminante e que nos quente a todos dun xeito máis natural, falamos do SOL, ese marabilloso astro que alumea fai uns 5 mil millóns de anos e que aínda alumeará outros 6 millóns de anos máis.


-         - O SOL produce luz e calor.

-         - Todos os seres vivos necesitan a luz solar para vivir.

-         - O SOL  é una fonte de enerxía: inagotable, limpa e gratuíta.


Nós apostamos polo sol como fonte de enerxía como fonte de luz e como fonte de vida.

O SOL É A ENERXÍA DO NOSO FUTURO.


Ningún comentario:

Publicar un comentario