16/06/13

PDI: Animais e plantas prehistóricas

Os rapaces do primeiro ciclo descubriron que os dinosaurios non existían na época dos homes prehistóricos. Sen embargo, explicáronnos a variedade de feros animais que foron atopando na súa investigación. Como mostra, este fermoso video no que nos contan como os nosos antepasados tiñan que defenderse de terribles leóns, rinocerontes lanudos, dente de sable e moitos máis, convertíndose así en expertos cazadores.
Tamén nos amosaron que antes de que os homes prehistóricos existiran, a terra estaba cuberta de preciosas plantas e frondosas árbores. Algunhas delas seguimos conservándoas hoxe en día.
A natureza era salvaxe, con inmensos bosques e grandes pradeiras nas que os homes primitivos atopaban o seu alimento.
Parabéns polo voso traballo. Espectacular!


Ningún comentario:

Publicar un comentario