14/10/13

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.



Baixo o lema: “Ler ciencia na biblioteca escolar”  preséntase, este ano, o cartaz da Asesoría de Bibliotecas Escolares, ilustrado por Patricia Castelao.


Consideramos que a biblioteca ten na ciencia unha inesgotable fonte de información, ofrecéndonos a oportunidade de avanzar nas estratexias de comprensión lectora en tódolos soportes e moi especialmenente nos recursos electrónicos. 

Con tal motivo, pensamos darlle, neste curso, un novo uso as tablets que temos na biblioteca do Checho.
 
O vindeiro 24 de outubro, Día das Bibliotecas escolares, recibiredes toda a información precisa para utilizar estes aparellos electrónicos.

Un saúdo. Checho.

Ningún comentario:

Publicar un comentario