01/10/13

Xa estamos de volta!



Ola, amigos e amigas!!!

Xa estou de novo con vos! Para os que non me coñecedes, chámome Checho e son a mascota do lugar do cole que máis visitades,,, Claro, a biblioteca!

Espero que pasarades un verán tan divertido coma min.  Entre festas e romarías... de troula todos os días!.

Pero xa quería voltar e compartir con vos unha morea de actividades que rondan pola miña cachola. Gustaríame que este curso coñecerades un pouquiño máis o meu medio natural polo que vos invito a ….MERGULLAROS NO MAR! Aínda que desto xa falaremos.

Hoxe quero presentarvos aos novos colaboradores da biblio, que fan que o noso traballo sexa máis levadeiro. Este curso apuntáronse nada máis e nada menos que catorce. Todo un récord.

Mil gracias a todos e a todas!!! 




Ningún comentario:

Publicar un comentario