07/11/13

Non queda nada para celebrar o magosto da Carballeira.

Xa sabemos que estades todos desexando que chegue o día. Pero mentras tanto  imos coñecer algunha cousiñas máis sobre esta festa.

O magosto é unha festa tradicional que se celebra en Galicia en torno á recollida da castaña. Entre os días 1 (Todos os Santos) e 11 de novembro (San Martiño), as familias e os amigos reúnense arredor dunha fogueira donde non poden faltar as castañas asadas no lume, o viño novo e os chourizos. Ao remate a festa, os máis rapaces xogan a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantan e bailan, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.

E si queredes saber máis desta celebración ancestral,  podedes premer aquí:

http://www.delmorrazo.com/tribuna/origen-del-magosto.html

http://www.galiciaespallada.com.ar/magosto.htm

http://gl.wikipedia.org/wiki/Magosto

Ningún comentario:

Publicar un comentario