07/11/13

Polo Samaín...Contos terroríficos



Este ano polo Samaín tivemos unha visita arrepiante!! A bruxa Catuxa e Maruxa visitaron o noso cole e contáronnos a historia de Fiz o coleccionista de medos a tódolos nenos e nenas de infantil e do primeiro ciclo de primaria.





A segunda cita foi co segundo e terceiro ciclo de primaria no que a  nosa película: “A maldición do Samaín” (gañadora do certame de curtas de Ourense) fixo lembrar as historias de medo que acontecen nos nosos corredores.




Ó finalizar, o Berberecho Checho agasallounos a cada un de nós cun caramelo moi terrorífico: arañas, pantasmas e cabazas. 

Foi sen dúbida unha mañá que desvelou os sonos dos máis valentes.
PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario