21/11/13

Son san. Alimentación e hábitos saudables.

   O venres os máis cativos do cole disfrutamos dunha actividade moi divertida: "Son san. Alimentación e hábitos saudables" da man da grande artista Raquel Queizás.
   A verdade é que foi moi enriquecedora xa que a través de mensaxes moi sinxelas os nenos e nenas de infantil amosaron moito interés pola adquisición de hábitos saudables.
   Xan (un monicreque construído con material de refugallo) axudounos a descubrir a importancia dunha dieta e de levar unha vida saudable.
   Rematamos poñéndonos en forma para un completo bo funcionamento do corpo coa axuda da adecuada actividade física. 

Agárdote na biblioteca! Un saúdo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario