21/11/13

Viaxamos a Cambados!!

Comenzamos o pasado luns, 18 de novembro, o noso  PDI “Mergúllate no mar” cunha saída didáctica moi especial: Fomos a Cambados para que nos aprenderan cousas sobre o marisqueo, as artes de pesca, os tipos de barcos que se empregan …


Agardábannos  as nosas “mariscadoras/monitoras”: Patricia fíxose cargo das explicacións ao grupo formado por 1º, 2º e 3º cursos e Ánxeles encargouse de 4º, 5º e 6º.

Iniciamos o percorrido dirixíndonos ata o local da Asociación Guimatur para cambiar o calzado que levabamos por botas de auga. Unha vez ben calzados/as camiñamos ata a praia da Torre e, logo dunha interesante explicación, baixamos á praia onde nos iniciamos nas artes do marisqueo. Aí coñecimos as distintas clases de bivalvos que se colleitan e as diferencias que hai entre ameixa fina, xapónica e babosa, así como os distintos traballos que desempeñan as mariscadoras.

A continuación, visitamos o punto de control e comprobamos como se clasifica o marisco segundo o seu calibre. Resultou moi interesante ver caer as ameixas nas distintas caixas, segundo o seu tamaño.

Unha vez que deixamos as botas de auga no seu sitio, desprazámonos de novo ata o autobús para ir ao porto de Tragove, un dos tres portos que ten Cambados. Alí, visitamos a lonxa, onde nos mostraron o proceso da subasta (que xa é electrónico), observamos os traballos dunha redeira e a grande cantidade de barcos diferentes que estaban atracados alí.

Cando estabamos  a falar sobre o uso das nasas, achegóusenos un inspector do Ministerio de Fomento que preguntou cantos/as de nós queriamos ser mariñeiros/as e… erguéronse un montón de mans!!!

Para rematar, dicirvos que tivemos moita sorte porque non choveu, quentou un chisquiño o sol e aproveitamos moi ben o tempo.

Resultou unha visita moi divertida e interesante! 

1 comentario:

  1. Esta excursión mereceu moito a pena por que aprendemos a diferenciar as ameixas,a medilas, a clasificalas e tamén nos mostrarón a unhas señoras facendo as redes pesqueiras. Esta excursión foi moi interesante.

    Atentamente Carmen María

    ResponderEliminar