30/01/14

Mil desexos de PAZ

Xa sei!... a historia de Sadako, conmoveuvos. Espertou en vos emocións como a tenrura, a tristeza, a compaixón..., pero de eso se trataba.


Conmemorar o día da Paz e a Non Violencia significa espertar os valores e os coñecementos que nos permitan adquirir as actitudes, as habilidades e os comportamentos necesarios para acadar a PAZ, é dicir, para vivir en armonía cun mesmo, cos demais e co medio ambiente. 


A través do libro "Sadako e as mil grullas de papel" , que esta semana traballamos, descubrimos o VALOR, a ESPERANZA, o ESFORZO, a PROTECCIÓN, a AMIZADE, o CARIÑO, pero tamén a GUERRA, a ENFERMIDADE e a MORTE.
Bandadas de grullas revolotean pola nosa biblioteca. Encántame ver como vos implicastes e estou impaciente por enviar ese fermoso agasallo a Xapón. 

Siiii! Que todos o saiban! Os nenos e nenas do cole non paran de facer grullas para enviar ao Parque da Paz de Hiroshima, onde se atopa o monumento en honor a Sadako e no que se pode ler: "Este é o noso choro, esta é a nosa pregaria, paz no mundo".

Noraboa a todos e todas pola vosa aportación.
Checho



Ningún comentario:

Publicar un comentario