30/01/14

Reflexionando sobre a Paz...visitounos Anxo Moure!

Que vos pareceu a visita de onte?
Eu quedei abraiado cando vin aparecer, montado no seu PAZTINETE, a Anxo Moure. Disfrutaramos un montón co Carballo con botas na súa anterior visita, pero onte, as súas mensaxes estaban ateigadas de liberdade, colaboración, tolerancia, respeto......uff! Con todo o que estades traballando sobre a Paz!.
A súa presenza foi un fermoso agasallo e unha invitación á reflexión.
Como me gustaría visitar a súa Casa das Árbores, esa fermosa biblioteca, construída nun carballo (sin utilizar nin unha soa punta!), na que viven ademais do Carballo con botas, o lobo Garabelos, pacifista e solidario; a Xacia Luviñas, de profesión acariñadora; Coureliña, a nena que borra dos debuxos aos homes que destrúen a natureza; os xinetes que cabalgan sobre as árbores para axudalos a escapar do lume; ou os seres da Fraga de Don Simón, que traballan cribando o amor para libralo dos grans de egoísmo.
Se queres coñecer mellor o traballo deste atrapador de contos visita a páxina Contos Solidarios.
Unha inmensa aperta aderezada de aloumiños.

Ningún comentario:

Publicar un comentario