23/03/14

EXPER+I+CIENCIA


   O venres, no centro, tivemos a sorte de disfrutar dunha estupenda actividade “EXPER+I+CIENCIA” que espertou en nós o desexo de convertirnos en científicos. Qué sorte poder viaxar á Antártida e contemplar a súa alucinante paisaxe! 
   Explicáronnos cal é o traballo que desenvolven alí os científicos, como recollen as mostras a distintas profundidades, cales son os buques oceanográficos e como é a vida dentro deles... pero tamén vimos que estas persoas, realizando o seu traballo, están expostas a diversos perigos e deben manter ríxidas normas de seguridade.
   Unha vez máis, “Mergullámonos no mar”, pero desta volta dende un punto de vista científico.
https://onedrive.live.com/?cid=DC638383354D1F9E&id=DC638383354D1F9E!1942&v=3&mkt=es-ES#cid=DC638383354D1F9E&id=DC638383354D1F9E!2072

Ningún comentario:

Publicar un comentario