23/03/14

Visitamos o salón do libro

      
   Un ano máis, e xa son 15, abriu as súas portas o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Este ano faino cun título moi suxerente: “Cociñando contos”, polo que, dende hai tempo, os cociñeiros e cociñeiras do noso cole puxeron os fogóns a traballar de arreo.
   Na cociña de Ed. Infantil prepararon un fermoso cangrexo recheo dunha maravillosa historia; na do 1º ciclo conseguiron unhas riquísimas ameixas repletas de fabulosas e variadas receitas; na do 2º ciclo, un estupendo peixe sapo cociñado sobre unha sabrosa base de poesía e na do 3º ciclo, prepararon unha magnífica vieira adobada con receitas ben creativas.   


   Invitade á vosa familia a saborear este delicioso menú visitando o Salón do Libro, onde seredes atendidos polo mellor chef: O Berberecho Checho.
 

Gracias polo voso traballo.  
Todas as fotos AQUÍ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario