22/04/14

Acadamos o terceiro premio nas Olimpiadas do recreo

O pasado sábado, na facultade de Ciencias do Deporte, tivo lugar a fase final das “Olimpíadas do recreo” á que acudiron os representantes do 3º Ciclo, conseguindo o terceiro posto. 
Noraboa, rapaces!.

A verdade é que o fixeron realmente ben, xa que nalgún momento competiron con equipos moito mais numerosos. Así que tendes que estar orgullosos.

Realizaron probas deportivas, contestaron preguntas de contido xeral no Pasapalabra, mostraron o que saben sobre a alimentación saudable e……construíron un volcán! Case nada!

Dende aquí animámosvos a seguir avanzando… porque o éxito sempre chega tralo esforzo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario