11/04/14

Sergio, devorador de libros do mes de marzo.



 O mes de marzo déixanos un novo rostro dos “devoradores de libros”. Trátase de Sergio, un rapaz de 2º de primaria.
 Aquí vos deixamos a entrevista que tivemos con el.


-      Bos días Sergio. Antes de nada, queríamos darche a noraboa por ser o novo o devorador de libros deste mes. ¿Cres que mereces o posto?
-      Sí, porque me gusta moito a lectura e este mes fun moito a biblioteca.
-      E cóntanos, ¿Cal o foi o libro que máis che gustou?
-      Un que trata sobre o espacio. Gústame moito o seu formato.
-      ¿Onde e cando empezaches a mostrar interese pola lectura?
-      Foi aquí no cole cando, aos 6 anos, aprendín a ler.
 -      ¿Algunha vez colliches algún libro que non correspondera a túa idade? Por exemplo de lectores avanzados.
-      Non. Sempre collo os dos estantes de “primeiros lectores” e “Natureza”. Son os que máis me gustan.
-      E… gústanche máis os libros en galego, en castelán ou en inglés?
-      Mais en castelán.
-      Prefires libros de aventuras, de medo, de poesía, informativos, etc?
-      Os de medo gústanme moito.
-      ¿Canto tempo lle adicas a lectura na túa casa?
-      Un rato pola tarde, despois de facer as tarefas do cole.
-      Gústache a mochila viaxeira  ou cando che toca levala a túa casa pasas dela?
-      Si que me gusta moito, aínda que ás veces non me da tempo a rematar de ler todo o material que contén.
-      Os venres, na biblioteca, facemos préstamos de películas, levas algunha o soamente colles libros?
-      Si,fago préstamo de pelis e libros. As dúas cousas.
-      Sergio, xa para rematar, tes algunha suxerencia ou recomendación para que dende a biblioteca merquen algún libro que che guste moito e non o atopes aquí?
-      Na biblioteca hai moitos libros, pero por recomendar algún, un de osos que teño na miña casa que conta como viven
-      Moitas gracias Sergio e parabéns por este posto. A seguir lendo!

Breixo e Cristina (Alumnos de 5º de primaria)

Ningún comentario:

Publicar un comentario