11/04/14

Investigamos polos arredores do cole.


Os investigadores de 1º acaban de deixarnos abraiados coas súas pesquisas.

Foron quen de recoñecer, na súa saída polos arredores do cole, moitas das especies vexetais que  aquí se atopan. Falan de pampullos, cardos, avea,  fiunchos, fentos, silvas, xestas, toxos, carballos, eucaliptos, castiñeiros…como verdadeiros expertos.

Todo comenzou cando a súa profe lles propuxo investigar sobre “As Plantas”, especialmente sobre as silvestres que podemos ver en calquer carreiro, monte, muro ou valo do  noso ámbito.

Puxéronse ao traballo buscando información nos libros e na internet  e así descubriron como se alimentan, como respiran, que precisan para vivir…e tamén que hai árbores de folla perenne e caduca. Pouco a pouco foron montando un herbolario na aula e comprobando as súas investigacións.

Na saída, ían por parellas identificando aquelas plantas que lles tocaran no seu cartel, e podíase escoitar: - Miña nai, non sabía que había tantas!!, ou – A quen lle tocou un “dente de león”?. Foi super divertido e interesante. Ademais tiveron a sorte de atopar un vagalume debaixo dun carballo, que despois de tocalo, deixaron seguir coa súa vida.

Quizais o vagalume lles quería dicir: Estamos en primavera!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario