12/05/14

Celebrando a Semana das Letras Galegas

Xa se acerca o 17 de maio, Día da nosa Lingua, e nós imos celebralo cunha morea de actividades. Contacontos para os máis pequenos, kamishibai e exposición sobre a vida e a obra do autor homenaxeado este ano, Xosé Mª Díaz Castro, entrega de premios aos mellores traballos de narrativa e poesía do IV Certame Literario e... algunha que outra sorpresa, serán o eixo central do traballo durante toda a semana. Así que... vémonos na biblio!!!
Un saúdo, Checho.

Ningún comentario:

Publicar un comentario