08/05/14

O vindeiro 17 de maio conmemoramos o día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Xosé María Díaz Castro. Temos exposta a súa única obra "Nimbos" na nosa biblioteca. Podes pasar e saborear o seu poemario, escrito coa pluma, co seu corazón, coa súa imaxinación, poñendo empeño en facer mellor e máis fermosa Galicia.
Se queres coñecer un pouco máis a este creador da poesía mística galega, podes mirar o video que elaboramos da súa biografía.

Xosé María sentíase chamado a loitar pola xustiza, a fraternidade, a beleza. E así apostou pola vida, e a vida do poeta de Nimbos é Galicia: ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza¡”
Vémonos na Biblioteca. Un saúdo: O Berberecho Checho. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario