15/10/14

Ricardo Gómez visita o noso cole.


O pasado 9 de Xuño, atopámonos cunha grata sorpresa ao chegar ao cole. Ricardo Gómez, autor de Ojo de Nube, visitábanos para compartir con nós as súas experiencias e permitir que o ateigáramos a preguntas, que con gran paciencia e amabilidade, respondeu. Para rematar, esperamos impacientemente a súa firma e dedicatoria nos nosos libros.

Despois de ler a súa obra, contar coa presencia do autor é como poñerlle a guinda a un bo xeado.

Gracias a Ricardo Gómez, descubrimos a cultura e costumbres da tribu crow, o enorme respecto e agradecemento que mostraban cara a natureza, a superación e valentía do seu protagonista e a intriga cando os caraspálidas ocupan o seu territorio.

Dende os mais cativos de Infantil ata os maiores, compartimos con el os  traballos que elaboramos despois da lectura e que serviron para afianzar o contido do libro. Como mostra, a gran destreza amosada por todos os nenos e nenas na resolución do Pasapalabra preparado para o evento


Matemático e escritor
“Comencei a escribir pasados os coarenta, despois de ter lido bastante, e casi diría que durante todo este tempo de silencio prepareime para facelo, aínda que nin siquiera pensaba nelo de novo. Agora, a escritura  apasióname. Non podo vivir sin escribir ou sin pensar en escribir, así que cando teño ocasión aproveito para recomendar a xóvenes e  maiores que o intenten”. 

Ricardo Gómez naceu en Segovia en 1954. Era moi pequeno cando se trasladou a Madrid coa súa familia e desta cidade son os seus recordos de infancia. Nas súas propias palabras: “Volvín nacer o día que decidín adicarme a escribir”.

Adicouse durante moitos anos a ensinar  Matemáticas e opina que a literatura, a narración, a especulación, o xogo, a argumentación… deben formar parte das clases de matemáticas, e para eso necesítase que haxa profesores que lean e que fagan ler.

Ademais de ler e escribir, disfruta paseando, escoitando música, falando cos amigos, viaxando e declárase un apasionado do cine e a fotografía.
Non soporta a inxusticia, a barbarie, a guerra, a desigualdade e o enriquecemento dalgúns a costa do alleo.

OJO DE NUBE, O SEU LIBRO

Esta novela describe a vida salvaxe dunha tribu de indios crow nas pradeiras norteamericanas, antes da invasión do home blanco.


Ojo de Nube, o seu protagonista, é un neno cego que, en principio, supón unha carga para a tribu, pois nela todos aportan algo: forza, destreza, valentía… sin embargo acaba convertíndose no pilar básico da tribu.

Despois da súa lectura, súrxenos unha pregunta: Que tería sido do mundo si houbese triunfado a armonía coa natureza e os seus espíritus? .

Este libro ofreceunos unha importante mensaxe: “A forza de vontade é imprescindible para superar as dificultades”.

Ricardo Gómez comenzou escribindo literatura para adultos, obtendo diversos premios, pero pronto se pasou á literatura infantil e xuvenil. Según as súas propias palabras:Non entendo moi ben onde está a fronteira entre idades. Prefiro que sexan os lectores os que se consideren adultos, xóvenes ou nenos”.

Entre os seus libros destacamos: Los poemas de la arena, Palabras por la lectura, Bruno y la casa del espejo, La selva de los números, El cazador de estrellas, Gente rara, La isla de Nuncameolvides, 3333, Zigurat…

RICARDO GÓMEZ E O PROXECTO BUBISHER

A Asociación sin ánimo de lucro, “Escritores por el Sáhara-Bubisher”, foi creada no ano 2010 e dela forman parte escritores, maestros, bibliotecarios e persoas de distintas profesións que coa súa aportación persoal e o seu traballo tratan de levar a cultura a este inhóspito lugar.

Un bibliobús cargado de bos e novos libros desprázase polo deserto visitando escolas e clubes de lectura, lendo con nenos e nenas, fomentando encontros con mulleres, formando a profesores.. En 2011, inagurouse a biblioteca fixa “El Nido del Bubisher”, que pretende ser unha especie de “biblioteca central” que coordina e serve para nutrir outros bibliobuses que recorren outros campamentos.

Ricardo, a través do seu libro El cazador de estrellas ábrenos a porta á realidade destes campamentos de refuxiados , así como á súa cultura.

Gracias Ricardo pola túa visita!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario