03/02/16

30 de xaneiro: Día escolar da Non-violencia e a Paz

O pasado venres conmemoramos o Día Escolar da Non-violencia e a Paz. O obxectivo desta celebración é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.
Este ano quixémonos achegar ao drama dos refuxiados tan tristemente de actualidade visionando un video de Save The Children


E despois de ler as nosas reflexións sobre a Paz e cantar a canción de Pablo López e Juanes "Tu enemigo", pegamos as nosas pombas na árbore da Paz.

 
 

1 comentario: