13/02/16

Dobraxe na escola

O pasado día 4 de febreiro os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria fixemos unha actividade divertidísima no cole chamada "Dobraxe na escola", patrocinada polo Concello de Pontevedra.
Ensináronnos cal é o proceso que se segue para dobrar unha película, unha serie, debuxos.... e nós mesmos convertémonos en actores ao dobrar un anaco de Bob Esponxa.


Pasámolo en grande cando vimos a gravación da película pero coas nosas voces.
Quen sabe... quizais grazas a esta actividade saia de aquí un actor ou actriz de dobraxe...

Podedes ver as fotos aquí 

Ningún comentario:

Publicar un comentario