11/05/16

Manuel María: Letras Galegas 2016


O Día das Letras Galegas está adicado este año a Manuel María: poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega.
Manuel María é unha figura imprescindible da literatura galega do século XX pola amplitude dos seus rexistros, das súas propostas e da súa temática así como o seu profundo compromiso político co nacionalismo galego.



 Galiza

Galicia docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montanas
e terras para labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
¡cargados de traballo
cargados de trafegos!

Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
¡Pro hai outra Galiza
que vai no sentimento!

Galiza somos nós:
a xente e mais a fala
¡Si buscas a Galiza
en ti tes que atopala!

Para saber máis de Manuel María preme nas seguintes ligazóns:
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/estaticas/manuel-maria.htm
http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/manuel-maria
http://academia.gal/letras-actual

Ningún comentario:

Publicar un comentario