12/05/16

Manuel María: Os soños na gaiola

"Os soños na gaiola" é un clásico da literatura infantil galega. Publicouse por primeira vez en 1968, cando a producción literaria en galego para o público máis novo apenas sumaba uns poucos títulos e unha década antes da introdución oficial da lingua galega no ensino.

E o primeiro libro infantil de Manuel María e nel, na "Carta aos nenos" de presentación da obra, decía: "son versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan preciosos son. Eu quixera encher, en parte, este oco"...


Podedes escoitar algúns deses poemas na voz de Suso Vaamonde...




 ... ou na de Uxía e Magín Blanco.



Ningún comentario:

Publicar un comentario