18/05/16

O noso Víctor na Voz de Galicia

Hoxe o xornal La Voz de Galicia, na edición de Pontevedra, publica unha reportaxe sobre a recollida de tapóns para reciclar e vender con fins benéficos, sobre todo, para custear os tratamentos de nenos con necesidades especiais.
Un deses voluntarios que sacrifica o seu tempo de lecer para recoller esos tapóns é Víctor.


"...A Rosa María saíulle un acompañante novo. É Víctor e ten once anos. Subiu un día á furgoneta de recollida «e enganchouse totalmente».
É imaxinar a Víctor, na súa puberdade, recollendo tapóns para axudar a nenos con necesidades especiais e pensar que, aínda que a rendibilidade económica de taponear non sexa moita, a lección de solidariedade é inmensa."

PARABÉNS, VÍCTOR!!!

Podedes ver toda a reportaxe nesta ligazón:


Ningún comentario:

Publicar un comentario