09/05/16

Xornada completa!

O pasado venres disfrutamos dunha boa xornada. Desplazámonos ata o circuito de Educación Vial de Mollabao no autobus urbano. Alí puxemos en práctica todo o que aprendimosnos obradoiros previos celebrados no centro. Coñecimos, de primeira man, as sensacións que sinte un conductor (en kart), un ciclista e un peón cando se desplazan pola cidade.


Logo fomos andando ata a Praza de España para visitar a exposición "H2Oh!" onde un guía chamado Álex nos explicou distintos aspectosda auga: composición química, escaseza no planeta, métodos para transportala, desigualdade na distribución, abuso, etc...Ademais participamos dalgúns xogos interactivos.

 
Dende logo, foi un día ben aproveitado e recomendámosvos que non deixedes de visitar esta exposición temporal.

Podedes ver as fotos aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario