23/01/17

Charla informativa sobre "Acoso" e "Ciberacoso"

Este venres, 20 de xaneiro, dous membros do Corpo de Policía Nacional, achegáronse ao colexio co fin de darnos unha charla, aos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, sobre o acoso escolar e outros temas relacionados co ciberacoso. 


Faláronnos do bullyng, ciberbullyng, sexting e grooming; dos pederastas e os pedófilos.

O bullyng consiste en  recibir acoso dunha ou varias persoas diariamente nun largo período de tempo que pode perxudicar física ou psiquicamente á vítima. Explicáronnos como reaccionar a el, como axudar á vítima, etc.
Tamén nos falaron do ciberacoso ou ciberbullyng, que é parecido ao acoso pero a través das redes sociais. Ensináronnos as consecuencias que pode ter e mostráronnos un exemplo real que pasara fai tempo.
Ademais faláronnos do grooming, do sexting  e sobre que eran os pedófilos e os pederastas.

Para completar a charla, visionamos dous vídeos moi ilustrativos. E por último, houbo unha rolda de preguntas para solucionar as nosas dúbidas.

Foi unha charla moi instructiva!! 


AMIGOS E AMIGAS!!!
MOITO COIDADO CO QUE FACEDES NAS REDES SOCIAIS!!!

Aarón, Francisco, Sara e India 6º


Esta charla,  forma parte do "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos" impulsado pola Delegación de Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario