Esta semana, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria realizaron unha sesión de lectura diferente na Hora de ler.
Recibiron a visita de dous dos seus compañeiros, India e Aarón, de 6º de Primaria (Padriños lectores dalgúns deles) que se encargaron de ler o primeiro capítulo do libro Gordiño Recheo: "Tío Amancio, o paparazzi".
Os alumnado de 2º, ademais de escoitar o capítulo, foron capaces de seguir a lectura polo libro.
Algunhas das estratexias que empregaron os contacontos foron: narrar en voz alta, coa entoación, sentimento e xestos apropiados; recitar e convidar aos nenos e nenas a memorizar e declamar unha pequena rima recollida no fragmento ...
Remataron realizandolles aos cativos algunhas preguntas e, entre todos, atinaron as respostas.
En definitiva, traballamos dunha forma amena e divertida a atención, a memoria, a expresión e comprensión oral, as emocións ...
![]() |
Pincha na imaxe se queres ver máis fotos |
India e Aarón si que souberon entreter e meterse no peto a estes cativos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario