07/02/17

Hora de ler... Gordiño Recheo

Os compañeiros e compañeiras de 4º xa van pola segunda lectura do libro Gordiño recheo!!!

Tras a primeira lectura, traballaron o tema principal do libro e o de cada capítulo. Realizaron debates e exposicións orais nos que cada un deles expoñía a súa interpretación da historia e entre todos compuxeron o argumento final.

Agora, coa segunda lectura, están traballando dun modo multidisciplinar os contidos do libro máis polo miúdo.
Buscáronlle unha aplicación artística. Para iso, elaboraron unha ilustración de Zoel nun dos capítulos que máis lles sorprendeu.

Como un verdadeiro equipo, organizáronse e colorearon o debuxo. Cadaquen ocuposuse dunha sección.

Ao final crearon un traballo ben curioso e xeitosiño... Mirade!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario