07/02/17

Hora de ler...Gordiño Recheo

Como ben sabedes, no colexio estamos dedicando a "Hora de ler" ao libro Gordiño Recheo. Os rapaces e rapazas de 5º están sumerxidos de cheo no argumento do relato.

Todos os días, nesta sesión, realizan a lectura dun capítulo. Primeiro, leno en voz alta. A continuación, traballan en grupo a expresión oral, expoñendo os feitos que lle aconteceron ao protagonista. 

Grazas ao traballo colaborativo, poden estruturar e organizar as ideas principais e secundarias relatadas no texto. Cadaquén ofrece a súa perspectiva, de maneira que entre todos obteñen unha visión global do que lle vai ocorrendo a Zoel, o protagonista, e cales son as súas emocións.

Tras este resumo, proxectan na pizarra dixital algunhas actividades de comprensión oral e escrita nas que todos cooperan e  responden sen problema algún.
Como podedes observar, isto de ler e escribir ben sendo moi entretido!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario