08/02/17

Hora de ler... Gordiño Recheo

Este mércores, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria voltamos gozar dunha nova sesión de contacontos. Durante a "Hora de ler", Lúa e Noa, compañeiras de 3º, deixáronnos abraiados coa narración do capítulo 4º de Gordiño Recheo, "Ana, miña nai".

Leron con moito acougo e acadaron que estivésemos moooi atentos... 

Despois da lectura, elaboramos oralmente entre todos unha síntese do relato e, asemade, lembramos algúns feitos relevantes de capítulos anteriores.

Continuamos cunha rolda de preguntas que tiñan preparadas. Por certo, sabiamos todiñas as respostas!!!

É unha mágoa que estas sesións de lectura sexan tan curtas...

Moitas grazas Lúa e Noa por dedicarnos parte do voso tempo!

Pincha na imaxe se queres ver máis fotos


Por se algún de vós quere lembrar o argumento do capítulo 4 "Ana, miña nai", velaquí vos deixamos o cuestionario que traballamos na aula:

Ningún comentario:

Publicar un comentario