11/02/17

Réplica de machadas prehistóricas na Biblioteca!!

Estes días podedes gozar dunha exposición sobre Prehistoria na Biblioteca do Checho. Organizámola en agradecemento á marabillosa doazón da familia Collazo Sanmartín ao colexio.

A familia de Rubén, o campañeiro de 5º de Primaria, agasallounos cunha réplica exacta en chumbo de dúas machadas prehistóricas.

Estas réplicas foron creadas artesanalmente polo seu pai, escultor, a petición do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas) porque precisaban saber como foran elaboradas un cento de machadas, todas iguais, na Idade de Bronce. 
Os compañeiros de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, este venres, quedamos pasmados cando Rubén nos contou como o CSIC puido atopar as respostas que buscaba.

Ollade o vídeo onde Rubén nolo explica!!


Esta exposición pode ser visitada por todos os membros da Comunidade Educativa que o desexen.
Aproveitade esta ocasión aqueles que esteades interesados na Prehistoria!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario