15/02/17

Hora de ler... Gordiño Recheo!!

Este mércores, como ven sendo costume este trimestre, os nenos e nenas de 1º e 2º gozamos dunha nova sesión de contacontos. Esta semana os padriños lectores encargados de organizar a "Hora de ler" foron Sara e Iker de 6º.
Léronnos o capítulo 5: "Non quero converterme en pavo". Introduciron na dinámica da actividade unha novidade para os nenos de 1º, que tentásemos seguir a lectura polo noso exemplar de Gordiño Recheo.


Deste xeito, ao igual que os compañeiros de 2º, xa non fomos só oíntes senón tamén lectores.

Coma sempre, tras a lectura, adoitamos facer en voz alta e en grupo unha pequena síntese do relato.
Logo, Sara e Iker, tíñannos arranxadas unhas preguntas para ver se comprenderamos ven a historia. Resultaron moi sinxelas para nós!!

Que doado é afacerse a estes momentos tan entretidos... Grazas Sara e Iker polo voso labor na animación á lectura!!!
Pincha na imaxe se queres ver máis fotos
Velaquí vós deixamos as preguntas do capítulo 5: "Non quero converterme en pavo".

Ningún comentario:

Publicar un comentario