Coma cada ano, o que non podía faltar no noso centro era o Entroido da Carballeira. A temática, relacionada co PDI, foi a Alimentación Saudable.
![]() |
Pincha na imaxe |
A ANPA do colexio organizou un obradoiro de disfraces no que participaron todas as nais que puideron. Nós tamén colaboramos nese taller!!
Comezamos a semana decorando os corredores con murais e carautas.
Cada curso tivo un disfrace diferente: os de tres anos de cenorias,
os de catro de peixiños, os de cinco de pitiños, os de primero de primaria de bocatas, os de segundo,
os de terceiro de leiteiras e
horticultores, os de cuarto de panadeiros, os de quinto de carniceiros e, por último, os de
sexto de mariñeiros. Os profesores foron de cociñeiros.
O venres, unha chea de familias asistiron á festa do Entroido. Degustamos sobremesas
típicas destas datas, elaboradas polos nenos coa axuda dos maiores da casa, e un
delicioso chocolate.
Despois da merendola,
comezaron os xogos: as sillas, os globos, as picas…
![]() |
Pincha na imaxe se queres ver máis fotos |
A ANPA do colexio tamén participou no Desfile de Entroido Marín 2017, acadando o 3º premio na
categoría de grupos!!!
Un premio moi merecido. Parabéns!!!
Sara, India, Aarón,Francisco e Iker Loira 6º
Ningún comentario:
Publicar un comentario