02/03/17

Hora de ler...Gordiño Recheo

O pasado mércores, en 1º e 2º de Primaria, novamente organizamos unha sesión de contacontos na "Hora de ler". Os encargados de preparar a lectura do capítulo 6º de Gordiño Recheo, "As nubes de cores", foron os compañeiros Alejandro e Marcos de 5º.
Mentres eles lían, os demais seguiamos o capítulo no noso libro.
Ao rematar a narración, realizáronnos preguntas sobre os feitos acontecidos no relato.
Resultou moi divertido, responder entre todos as incógnitas que nos plantexaron sobre o capítulo. 
Polo seu fantástico traballo, recibiron unha manchea de aplausos.
Alejandro e Marcos axudáronnos a extraer a ensinanza deste capítulo, non xulgar a comida pola súa aparencia!!!
Grazas rapaces por ser tan bos lectores!!
Aquí vos deixamos o test que empregamos para traballar a comprensión lectora. As imaxes utilizadas son pictogramas ARASAAC:

Ningún comentario:

Publicar un comentario