19/12/17

Bo Nadal!!!

É un pracer comunicarvos que a gañadora do Concurso de Postais de Nadal 2017 é ... Leonor. A súa tarxeta foi seleccionada para felicitarvos as festas a todos e todas.
Parabéns Leonor!!

Aproveitamos a ocasión para convidarvos ao Festival de Nadal que celebraremos o xoves 21 de decembro a partir das 11:30h. Velaquí tedes o programa coas diferentes actuacións.

Lembrarvos que, un ano máis, o colexio realiza a "Operación quilo", unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros para axudar ás persoas que máis o necesitan. Todas aquelas familias que desexedes colaborar, poderedes entregar no centro a vosa doazón antes da entrada ao Festival.

Disfrutade moito destas vacacións de Nadal e, de parte de todo o profesorado do CEIP "A Carballeira"... 
Boas Festas e Feliz 2018!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario