26/12/17

Festival de Nadal 2017

Este cuso, organizamos un festival de Nadal moooi especial, adicado a profe Antía. Queremos agradecerlle a súa enorme dedicación e traballo polo colexio, o seu incansable labor pola diversidade e os grandes valores que nos  achegou.
Moitas grazas, profe Antía. Non esquezas que sempre serás benvida!!!

O festival deste ano, contou con Inés e Pedro de 6º de Primaria como presentadores.

A verdade é que todas as actuacións foron fantásticas e divertidas. Comezamos cunhas panxoliñas dos nenos e nenas de Educación Infantil.
"Polo Nadal" - 4º EI
"Buscando unha estrela" - 5º e 6º EI

Continuamos con dúas cancións interpretadas e bailadas polos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria.
"Coidando a natureza" - 1º e 2º de Primaria
"Jingle bells" - 1º e 2º de Primaria
Logo, os compañeiros e compañeiras de 2º de Primaria sorprendéronnos coa súa panxoliña.
"Peixes no río" versión rock - 2º de Primaria
Seguimos cos rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria que nos deleitaron con dúas marabillosas cancións.
"Había una vez un circo" - 3º de Primaria

"En Navidad" - 4º Primaria
Despois, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria amenizáronnos con Acrosport.
Após do acrosport, gozamos con pezas de percusión instrumental e corporal.
"Fada do azucre" - 5º de Primaria
"Danza dos cabaleiros" - 5º de Primaria
Case ramatando, ficamos abraiados coa obra de teatro argallada pola profe Hermitas e interpretada sensacionalmente polos maiores do colexio.
"O Xuizo do tempo"- 5º e 6º de Primaria
As derradeiras actuacións, foron dúas cancións en inglés coas que todos bailamos e cantaruxamos!!!
"Oh Sussana"- 6º de Primaria
"Silent night" - 4º e 5º de Primaria
Coma todos os anos, recibimos a visita dun dos Reis Magos que nos agasallou a todos e todas cunhas lambetadas e un galano.
Pincha AQUÍ para ver todas as fotos
Foi un festival cheo de ledicia, sorpresas, sorrisos e agarimo.
Grazas a todos e todas os que colaborástedes para que este día resultara máxico para os máis novos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario