03/12/17

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O Día Internacional das Persoas con Discapacidade celébrase en todo o mundo cada 3 de decembro co obxectivo de chamar a atención e mobilizar apoios para aspectos crave relativos á inclusión de persoas con discapacidade na sociedade e no desenvolvemento.
Imaxe da web  "El pupitre de Pilu"
A accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos fundamentais recoñecidos pola Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidades. Son as condicións, sen as cales, non poden gozar dos seus outros dereitos. Porén, as persoas con discapacidade, deben poder levar unha vida independente e participar de forma activa no desenvolvemento da sociedade. Temos facilitarlles pleno acceso á actividade cotiá e eliminar todos os obstáculos á súa integración.
Cartel UNESCO

Ningún comentario:

Publicar un comentario