02/12/17

Programando con MBLOCK!!!

Os nenos e nenas de Primaria, tivemos un primeiro contacto co mundo da robótica.

Nestas semanas, explicáronnos nocións básicas sobre programación empregando o programa MBLOCK, baseado no editor Scratch 2.0. Deste xeito, comezamos a introducirnos na robótica e, co tempo, programaremos robots baseados en Arduino.
Ata o momento, foi moi entretido descubrir que función executaba cada comando!!!

Non vos esquezades que na biblioteca téñennos preparada unha exposición cunha serie de fondos de ficción relacionados co mundo dos robots que podemos levar en préstamo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario