15/01/18

Dominando bucles e eventos co MBLOCK

Seguimos coñecendo as posibilidades e funcionalidades que nos  presenta o MBLOCK.

Nesta ocasión, realizamos un xogo no que xa tiñamos que introducir diferentes variables e condicións. Aínda que os bloques xa os tiñamos previamente definidos, nós, empregramos a nosa creatividade para modificar algúns dos parámetros que viñan determinados e personalizar a actividade.


Programamos un xogo no que unha bruxa tiña que atrapar morcegos, de xeito que, a medida que aumentabamos o número de morcegos apañados, incrementabamos proporcionalmente a nosa puntuación.
Esta actividade permitiunos explorar os conceptos computacionais de bucle, eventos e paralelismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario