12/01/18

Lácteos na escola!!!


Sabedores da importancia de hábitos alimentarios saudables na poboación infantil, este curso, o CEIP "A Carballeira" continúa no Plan Proxecta; concretamente na modalidade "Aliméntate ben". Deste xeito, pretendemos fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado.


Unha das modalidades na que imos participar é "Lácteos na escola" que ten por obxecto o fomento do consumo de produtos lácteos. Nesta modalidade ofrécese aos centros, leite e produtos lácteos a prezo reducido a través da convocatoria do FOGGA.


Por ende, dende o luns 15 de xaneiro, e ao longo de catro semanas consecutivas, durante os períodos de lecer, os nenos e nenas do colexio poderemos consumir leite, alimento fundamental para crecer fortes e sans.
Pincha AQUÍ para acceder á web educativa  "Disfruta de Lucy y la Pandilla Láctea"
Xa temos todo preparado, para comezar co programa "Lácteos na escola"!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario