06/02/18

Investigación nas aulas Abalar e EDIXGAL

Integradas plenamente as TIcs na nosa práctica educativa, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, con motivo da celebración do Día da Paz 2018, investigaron e documentáronse para vos ofrecer un completo traballo sobre todas as mulleres Premio Nobel da Paz.



Froito do labor investigador, puidemos observar polos corredores do colexio unha liña de tempo en formato papel.
Nela reflectíanse os resultados das súas pescudas  arredor das mulleres que obtiveron este galardón (nacemento, orixe, biografía, ano no que que lles foi outorgado e o motivo). 
Finalizamos  elaborando unha timeline dixital que recollía unha sinopse da información recompilada.
Pincha na AQUÍ para acceder e visualizar a nosa liña de tempo dixital
Con todas e cada unha das fases deste traballo cooperativo, non só contribuimos ao recoñecemento da Igualdade entre homes e mulleres coma un valor fundamental da nosa sociedade, senón que amais, pretendemos que estas dinámicas que se desenvolven nas aulas ABALAR e EDIXGAL, contribúan enormemente á Alfabetización Informacional (adquisición de competencias de uso, tratamento e produción de información en diferentes soportes e formatos), integrando a cultura impresa e a dixital.

Ningún comentario:

Publicar un comentario