05/02/18

Croissants

A semana pasada, co gaio de que os cativos de Infantil e Primaria están a traballar os oficios, tivemos a sorte de organizar un obradoiro de alimentación de croissants.

Un experto pasteleiro, ensinounos unha receita marabillosa. Comezou estendendo a masa que xa traía preparada da casa. Cortouna en triángulos e repartiunos un anaco a cada neno. Ennrolamolos dende a base ata o extremo para obter a forma tradicional de croissant.
Colacámolos nunha bandexa e metémolas no forno e, mestres se cociñaban os croissants, preparamos magdalenas. Cunha manga pasteleira fomos enchendo os moldes e ...., ao forno!!!!
Mmmm..., que saboroso estaba todo, non deixamos nin unha soa migalla!!!

Se queredes consultar máis información sobre este obradoiro de alimentación preme no seguinte enlace:
 https://aprofebelen.blogspot.com.es/2018/01/hoxe-obradoiro-de-pasteleria.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario