03/02/18

Lácteos na escola

Para facer diferente esta terceira semana do Programa "Lácteos na escola", amais de consumir leite, organizamos un obradoiro de alimentación preparando sabedoiros batidos de leite e froita.

Para a súa elaboración, empregamos diferentes tipos de leite. Por unha banda, leite de vaca e, por outra banda, e tendo en conta alérxias alimentarias, preparado de soia. Tamén precisamos iogur natural, froita (plátano, mazá e pera) e unha chisca de azucre.
Comezamos lavando ben as mans. Logo, vertemos o leite nas potas.
A continuación, engadimos o iogur natural.
Despois, deluvamos os plátanos e cortámolos en anacos pequenos que botamos na pota.
A continuación, agregamos as mazás e as peras depelicadas e en biscatos.
O último paso, azucrar.
Finalizamos mesturando e triturando a mixtión co batedor.
O resultado deste obradoiro ....
... saborosos "Batidos brancos pola Paz" que servimos como refrixerio durante o recreo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario