25/03/18

21 de marzo: Día da Poesía

A poesía é un xénero literario que se presenta como a manifestación da beleza por medio da palabra. O Día Mundial da Poesía celébrase internacionalmente o 21 de marzo de cada ano. 
O obxectivo desta conmemoración é dar soporte á diversidade lingüística a través da expresión poética, así como fomentar o seu ensino.

Neste día, todos os nenos e nenas que pasaron pola biblioteca durante o recreo,  puideron gozar da lectura de exemplares deste xénero literario.
Propuxemos tres libros da escritora María Victoria Moreno Vázquez nos que se recollen textos  en verso: "¿E haberá tirón de orellas?", "O cataventos" e "Mar adiante".
Asemade, nas aulas organizáronse obradoiros de poesía nos que creamos os nosos propios poemas. 
Tamén traballamos nas aulas a poesía da man de poetas e poetisas galegos: "Eu conto, ti cantas" de María Victoria Moreno, "Parece unha rosa" de Rosalía de Castro, "Canto o idioma galego" de Manuel María Fernández... Con todos eles, ideamos un mural co que enfeitizamos o corredor:
Aqueles que teñades curiosidade polas narracións en verso, tedes unha boa escolla onde elixir. Pasádevos pola Biblioteca do Checho e animádevos a ler algún destes exemplares:

Ningún comentario:

Publicar un comentario