"Mulleres cunha vida case de conto" é o título do traballo presentado polo colexio para participar no XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Nel tentamos render unha merecida homenaxe a gran labor das mulleres en diferentes eidos: cultural, artístico, científico, radiofónico, periodístico, naval, deportivo...
Para desenvolver este pequeno proxecto, coma sempre, recurrimos ao traballo colaborativo entre as diferentes etapas e cursos.
Os máis pequenos encargáronse dos belidos debuxos cos que enfeitamos a maqueta e a marabillosa portada do traballo escrito.
Os maiores, ocupámonos da selección das mulleres cunha vida case de conto das que quixemos realizar unha importante labor de investigación. Cada curso pescudou, recompilou e sintetizou a información máis relevante sobre elas.
Froito desta labor de indagación foi o noso traballo escrito.
Velaquí tedes a nosa aportación para o XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra:
Se queredes visitar xunto coa vosa familia o Salón do Libro e contemplar con atención tanto a nosa maqueta coma as dos demais colexios, aquí podedes consultar o programa desta edición 2018:
Para consultar o programa, preme AQUÍ |
Ningún comentario:
Publicar un comentario