Na aula de 2º de Primaria estamos traballando co Beebot. Aprendemos a controlalo e a darlle ordes para resolver pequenos retos. Nesta ocasión, traballamos a cidade e os seus elementos por medio dun panel polo que tiñamos que desprazar o robot.
Tamén nos divertimos co conto do "Soldadiño de chumbo" gracias ao Robot Mouse. Cun taboleiro que contiña distintas secuencias da historia, programamos o rato robot para que se dirixise ás escenas que a mestra nos ía indicando. Asemade, recordamos as fucións do mBot.
Dunha forma moooi divertida..., xa case dominamos o Beebot e o Robot Mouse!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario