09/03/18

Transferindo ordes ao Robot!!!

En 6º de Primaria, unha vez dominados os bloques do MBLOCK (eventos, control, movemento, apariencia, datos e bloques ...), centrámonos no Bloque ROBOTS (mBot Program).

Somos coñecedores de que é  basicamente o bloque que envía a mensaxe de “Executar o programa cargado no robot”, puidendo este traballar sen estar conectado ao computador vía cable ou bluetooth. 
Tamén traballamos outros bloques para o robot mBot: "Bloque de motores" (controla os dous motores ( M1 e M2) do mBot) e  "Bloque Led RGB" (controla as cores da luz que emite o mBot).
Asemade, explicáronnos que para cargar un programa na placa Arduino, o mBot debe estar previamente conectado ao computador mediante un cable USB.
Como podedes ver, o Proxecto de Robótica comeza a dar os seus froitos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario