06/03/18

Día Internacional da Muller

O "Día Internacional da Muller Traballadora" celébrase, como cada ano dende fai máis dun século, o día 8 de marzo e conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade.
O lema deste ano é " Agora é o momento: as activistas rurais e urbanas transforman a vida das mulleres."
Cartel "Día da Muller" - ONU
Dende o CEIP A Carballeira queremos aportar o noso gran en prol da igualdade; por iso, ao longo desto curso estamos a traballar nas aulas mulleres destacables en diferentes ámbitos. Tedes a vosa disposición na biblioteca unha selección de fondos sobre grandes mulleres.

Asemade, expoñemos polos corredores do colexio unha recompilación dos nosos traballos de investigación centrados en personaxes célebres, todos eles femininos.
Velaquí podedes consultar todos os títulos da exposición dispoñibles en préstamo:

Ningún comentario:

Publicar un comentario