06/03/18

Iogures naturais!!!

A segunda sobremesa elaborada con lácteos durante o obradoiro de alimentación organizado foi iogur natural. Os ingredientes utilizados: iogur natural e leite.

Empezamos botando 1 litro de leite nunha pota. Logo, engadimos un iogur natural.
Remexemos a mixtión cun batedor. Despois, vertemola nunha xerra.
Rematamos, repartindo a mestura nos vasos da iogurteira. 
Enchufárona e, ao día seguinte, tiñamos preparados uns saborosos iogures naturais!!!
Bo proveito!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario