05/03/18

Sabedeiras torradas!!!

Hai uns días, organizamos un obradoiro de alimentación para preparar unhas cantas sobremesas con lácteos. Comezamos elaborando unhas sabedeiras torradas. Os ingredientes empregados: pan, leite, ovo, azucre e aceite de oliva.

Primeiro cortamos o pan en rebandas finas.
A continuación, vertemos o leite nun recipiente, enchoupamos o pan e deixámolo repousar nunha bandexa.
Logo, rebozamos en ovo batido o pan.
Despois, mentres nós saímos ao patio, fritíronse en aceite de oliva as rebandas.
En canto se retirou da tixola o pan fritido, escoárono nunha fonte con papel de cociña para escorrer o aceite.
Finalmente, dispuxemos as rebandas mornas en pratos, azucramos e ...., listas para degustar !!!
Para desenvolvelo, contamos cunha experta reposteira, moi quereida por todos nós, a profe Antía. Moitas grazas pola axuda!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario